👑✨ A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e a concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo, animan a toda a veciñanza a vivir unha das xornadas máis máxicas do ano en Vilalba.
🔜 O vindeiro luns, 5 de xaneiro, as Súas Maxestades os Reis Magos visitarán o noso concello e comezarán o seu percorrido polas casas escolas dalgunhas parroquias do rural, levando ilusión aos nenos e nenas:
🕐 13:00 → Ladra, Belesar e Oleiros
🕞 15:30 → Santaballa, Lanzós e Román
🕟 16:30 → Carballido e Goiriz
🎠 Ás 18:15 chegarán a Vilalba para subirse ás súas carrozas e dar comezo á tradicional cabalgata, que percorrerá as rúas da vila desde o campo da feira ata o Auditorio Municipal, condicionada pola meteoroloxía.
✨ Unha nova edición dunha cita moi especial que encherá de ilusión as nosas rúas e fará gozar aos máis pequenos e ás súas familias.
#alcaldia #infanciaexuventude #cabalgata #reismagos #concellodevilalba