Noticias e alertas

🚧 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, visitaron hoxe o inicio das obr...

12/01/2026

🚧 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, visitaron hoxe o inicio das obras de rexeneración do firme da rúa do Rego.
🛣️ Cun investimento de máis de 47.000 euros, os traballos permitirán mellorar a seguridade viaria, a accesibilidade e a comodidade tanto para peóns como para vehículos, dando continuidade ás actuacións realizadas no primeiro tramo da rúa.
🏗️ A intervención inclúe a demolición do pavimento existente, a creación dunha plataforma única de formigón e a mellora da recollida de augas pluviais.
🏘️ Esta obra enmárcase na aposta do goberno local pola mellora das infraestruturas municipais.
#alcaldia #infraestruturasurbanas #ruadorego #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies