✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Continuación cos traballos de poda en distintos lugares: rúa Pepe Apenela, parque Rosalía de Castro, área recreativa da Madalena, e outros espazos en Vilapedre, Alba, Oleiros e Sancovade.
👉 Acondicionamento de varios viais para facilitar o acceso aos contedores do lixo.
👉 Limpeza de arquetas de augas pluviais.
👉 Arranxos de mobiliario urbano.
👉 Reparación e recolocación de sinais e outros elementos de protección en vías públicas.
👉 Arranxos puntuais na cuberta do pavillón provocados polo temporal de vento e choiva.
👉 Outros traballos de reparación e traslado de mobiliario municipal. Tamén de cadeiras para un acto de presentación na escola de Goiriz.
👉 Traballos relacionados coas incidencias comunicadas pola Línea Verde.
👉 Tarefas de mantemento, solución de avarías e reposición de luminarias na rede eléctrica municipal, ademais doutras reparacións de enseres accionados pola electricidade.
Grazas!