‼️ A alcaldesa, Marta Rouco, volve denunciar a falta de compromiso da Xunta de Galicia co noso concello.
🚚 Neste caso, pola situación da glorieta de acceso ao polígono industrial e ao casco urbano, que leva meses cunha iluminación deficiente pese ás reiteradas reclamacións do Concello: só se arranxaron 3 das farolas e o resto quedaron sen funcionar.
➕ Súmase á situación da estación de autobuses, sen servizos básicos para os usuarios, e ao incumprimento do convenio para arranxar a estrada de acceso a Vilalba desde Lugo e as súas beirarrúas.
🗣️ “Falamos de infraestruturas clave, da súa competencia, e dunha deixadez que afecta á seguridade, á mobilidade e á imaxe de Vilalba. Non imos deixar de reclamar o que lle corresponde á nosa veciñanza”, sinala a alcaldesa.
#alcaldia #poligonoindustrial #iluminacion #concellodevilalba