🚴🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, participou hoxe na presentación da etapa lucense de O Gran Camiño, unha volta ciclista profesional que percorre Galicia cunha etapa por cada provincia e que reúne a equipos e ciclistas de ámbito internacional.
📌 A etapa da provincia de Lugo celebrarase o 15 de abril e terá a súa saída en Vilalba e a súa meta en Barreiros, conectando a Terra Chá coa Mariña nunha das citas deportivas máis destacadas do calendario galego.
✅ O Gran Camiño é unha proba de alto nivel que proxecta Galicia e os seus concellos a través do deporte, cun importante impacto e dinamización do territorio. Que Vilalba sexa punto de saída desta etapa supón unha oportunidade para dar visibilidade ao noso concello e ao seu papel como capital da comarca.
🔜 O percorrido completo da etapa lucense darase a coñecer o vindeiro 6 de febreiro, nun acto que se celebrará en Padrón.
#alcaldia #ograncamiño #voltaciclista #galicia #concellodevilalba