Noticias e alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa...

26/01/2026

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Continuación dos traballos de poda na contorna do centro de saúde e da escola da Pedragosa (San Simón), área recreativa da Madalena e outros espazos naturais.
👉 Tarefas de limpeza de arquetas de augas pluviais.
👉 Limpeza de soleiras e do canal de evacuación de pluviais na contorna da piscina municipal.
👉 Arranxos varios e recolocación de sinais en distintas localizacións.
👉 Tarefas de mantemento nas dependencias da praza de abastos.
👉 Rebacheo no aparcadoiro de diante do centro de saúde.
👉 Retirada de árbores e polas en distintas vías de comunicación.
👉 Soprado do paseo fluvial.
👉 Resolución de avarías en varias infraestruturas e reposición de elementos danados polo temporal na rede eléctrica municipal.
👉 Continuación coas tarefas para solucionar as incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies