✅ O pleno ordinario do Concello de Vilalba celebrarase este xoves, 29 de xaneiro, ás 18:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello, no 3º andar do edificio.
➡️ Aprobación, se procede, da Conta Xeral do Orzamento do exercicio 2024.
➡️ Aprobación, se procede, da prórroga do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
➡️ Aprobación, se procede, do proxecto de obra da cuneta transitable no acceso a Corvite dende o núcleo urbano de Vilalba.
➡️ Aprobación, se procede, do expediente de contratación para o subministro de enerxía eléctrica das dependencias municipais.
➡️ Moción do Bloque Nacionalista Galego para reclamar un financiamento xusto e un modelo público do SAF.
➡️ Moción do Bloque Nacionalista Galego de apoio ás reivindicacións do sector agrogandeiro galego.
➡️ Rogo, moción Grupo Municipal Partido Popular reconvertida, para instar ao Concello de Vilalba á aprobación da Conta Xeral nos prazos legalmente establecidos e á elaboración e aprobación dos orzamentos municipais para o ano 2026.
➡️ Rogo, moción Grupo Municipal Partido Popular reconvertida, para instar ao Concello de Vilalba á realización de diferentes actuacións na Rúa Cidade de Viveiro.
➡️ Rogo do Bloque Nacionalista Galego sobre o acceso das persoas con mobilidade reducida ao servizo de recollida do lixo.
➡️ Rogo do Bloque Nacionalista Galego sobre o cumprimento da Lei de Memoria Democrática.
➡️ Rogo, moción do Bloque Nacionalista Galego reconvertida, sobre o uso actual da Casa da Cultura.
➡️ Rogo, moción do Bloque Nacionalista Galego reconvertida, sobre o servizo de recollida do lixo no Concello de Vilalba.
➡️ Preguntas do Grupo Municipal do Partido Popular.
➡️ Preguntas do Bloque Nacionalista Galego.
📲 A sesión poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Concello de Vilalba.
#alcaldía #pleno #concellodevilalba