Noticias y alertas

✅️🏛 O Vicealcalde Modesto Renda explica neste vídeo o agardado proxecto de obra aprobado polo Pleno, en beneficio dos v...

31/01/2026

✅️🏛 O Vicealcalde Modesto Renda explica neste vídeo o agardado proxecto de obra aprobado polo Pleno, en beneficio dos veciños/as de #Corvite.
📅 Porque dende hai máis de 30 anos, os veciños e as veciñas deste #núcleo, veñen reclamando do Concello a construción dunhas beirarrúas que os conecten co centro urbano.
🟢☝️ Unha reivindicación histórica á que daremos resposta coa execución dunha senda peonil que, baixo a fórmula técnica de cuneta transitable, porá fin á situación de perigosidade que se da cando os residentes deste núcleo teñen que percorrer a pé o tramo que os separa da Rúa de Muras.
ℹ️✍️ Así, a obra que aprobamos unirá pola marxe esquerda e cun ancho medio de 1.5 metros de uso exclusivamente peoníl, o medio quilómetro que vai dende a fonte do barrio ata o núcleo urbano, sen que isto afecte nin ao ancho do propio vial nin ás parcelas coas que limita.
📋 O custe desta nova actuación será de 79.050€, incluíndo a necesaria mellora da rede de pluviais, a pavimentación co formigón de 10 cm de espesor e a implementación de medidas calmado do tráfico ata un máximo de 30kmh.
#InfraestruturasRurais #Vicealcaldía #Vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies