Noticias e alertas

👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández, xunto á subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visi...

02/02/2026

👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández, xunto á subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitaron hoxe a óptica @que_ves_vilalba para dar a coñecer o Plan VEO, o programa do Goberno de España que facilita o acceso á saúde visual de nenos e nenas menores de 16 anos.
👓 Unha axuda directa de ata 100 euros para a compra de lentes ou lentillas, que pode solicitarse de maneira sinxela nas ópticas adheridas, tamén en Vilalba, e que supón un apoio importante para as familias e para o comercio local.
➕ En Vilalba tamén están adheridas ao programa: Óptica Mato, Óptica Marín, Novalux e Alain Afflelou.
📍 Saúde e medidas que chegan ao día a día da veciñanza.
#alcaldia #gobernoespaña #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies