Noticias e alertas

✅ A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visitaron a obra de rexeneración dun dos viais do barrio de P...

03/02/2026

✅ A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visitaron a obra de rexeneración dun dos viais do barrio de Paraños, na parroquia de Lanzós.
🏘️ Unha actuación impulsada desde a Alcaldía para dar resposta ás demandas da veciñanza, nunha pista que presentaba firme de terra e que non ofrecía unhas condicións axeitadas de acceso ás vivendas.
➡️ Os traballos permitiron mellorar de maneira notable a seguridade e a funcionalidade do vial, cunha intervención completa sobre arredor de 180 metros cadrados nos que se estendeu unha base de macadam de 10 centímetros de espesor, se aplicou un tratamento semiprofundo e se rematou cunha dobre rega asfáltica.
📌 O goberno local continúa traballando na mellora das infraestruturas municipais, atendendo ás necesidades reais dos veciños e veciñas e garantindo accesos dignos e seguros.
#alcaldia #paraños #lanzos #parroquias #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies