Noticias e alertas

🏠 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, visitaron as casas dos mestres...

04/02/2026

🏠 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, visitaron as casas dos mestres da rúa Cuart de Poblet, un edificio de titularidade municipal que o Concello quere transformar en vivendas de alugueiro social.
ℹ️ Para iso, o goberno local vén de presentar a documentación para optar a unha liña de axudas da Xunta de Galicia que permita rehabilitar este inmoble.
🔧 O proxecto contempla a rehabilitación integral das seis vivendas do inmoble, adaptándoas á normativa vixente e creando espazos habitables e funcionais.
✅ Unha iniciativa que aposta por recuperar patrimonio municipal e ampliar a oferta de alugueiro social.
#alcaldia #infraestruturasurbanas #aluguersocial #rehabilitacion #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies