🎭 Este venres, 13 de febreiro, a partir das 11:30 horas, celebrarase o desfile de Entroido dos colexios; que debido ás previsións meteorolóxicas, cambia de localización e terá lugar no 📍Pavillón Municipal.
👨👩👧👦 As familias poderán acceder ao pavillón municipal para ver o desfile, ocupando a zona das gradas. Unha vez rematado o tempo de desfile, deberán abandonar o pavillón, para permitir que os nenos e nenas poidan empregar as gradas.
🍎🤹 Os nenos e nenas desfrutarán entón dunha merenda ofrecida polo Concello e da actuación Circo Funky, incluída no programa @dinamizartj e pensada para que vivan unha mañá de Entroido divertida e segura.
🙏🏼 Agradecemos a colaboración das familias para que a actividade se desenvolva con normalidade e para que os máis pequenos e pequenas poidan desfrutar plenamente desta xornada tan especial.
#alcaldia #infanciaexuventude #entroido #desfiledoscoles #concellodevilalba