Noticias y alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa...

11/02/2026

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos derivados dos efectos do temporal: retirada de árbores e polas de viais de comunicación; reposición de firme e retirada de grixo de arrastre en pistas rurais; reposicións varias por desperfectos na cuberta do pavillón de deportes, e arranxos no cableado da rede eléctrica municipal.
👉 Arranxos e tarefas de mantemento no pavillón do CEIP Mato Vizoso
👉 Reposición de plaquetas na beirarrúa da rúa Plácido Peña.
Desatascos en arquetas de pluviais.
👉 Recolocación de sinais.
👉 Continuación dos traballos de poda na área recreativa da Madalena.
👉 Canalización de augas de escorrentía na Balsa Pequena (Vilapedre).
👉 Colocación dos postos para a feira na praza de Santa María (Vintalba).
👉 Traballos varios de reposición de luminarias e de elementos necesarios na rede eléctrica municipal.
👉 Actuacións varias de seguimento das incidencias comunicadas pola Línea Verde.
Grazas!

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies