🌳 O parque Rosalía de Castro xa está en plena transformación!
➡️ A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández visitaron o avance dunha renovación integral que xa é visible: retiráronse os antigos xogos e o pavimento existente e nestes días están a instalarse os novos elementos infantís.
🛝 Tamén comezou a instalación do valado perimetral de madeira, reforzando a seguridade do recinto. O novo pavimento continuo de caucho colocarase en canto melloren as condicións meteorolóxicas, completando así un parque totalmente renovado.
🤝🏼 Unha actuación financiada pola Deputación de Lugo dentro do convenio acadado pola Alcaldía, que nos permite seguir modernizando os espazos públicos e ofrecer contornos de xogo máis seguros e adaptados ás necesidades das familias.
#alcaldia #infraestruturasurbanas #parque #rosaliadecastro #concellodevilalba