Noticias e alertas

🎭✨ Vilalba prepárase para vivir unha gran tarde de Entroido! ⚠️ Hoxe, con motivo do desfile no que participarán preto d...

17/02/2026

🎭✨ Vilalba prepárase para vivir unha gran tarde de Entroido!
⚠️ Hoxe, con motivo do desfile no que participarán preto de 300 persoas, adoptaranse algunhas medidas puntuais de tráfico para garantir a seguridade tanto dos/as participantes como do público asistente. As restricións previstas son:
🕑 Dende as 14:00 horas quedará reservada a metade das prazas do aparcadoiro subterráneo (debidamente sinalizadas).
🕒 A partir das 15:00 horas:
- Peche ao tráfico na rúa Castelao (xunto ao Megagadis), que se reabrirá arredor das 17:00 horas.
- Peche ao tráfico na rúa Campo de Puente e na rúa da Pravia.
- Na rúa da Pravia tampouco estará permitido o estacionamento.
🔓 O tráfico restablecerase ao remate do desfile, aproximadamente ás 18:30 horas.
🙏🏼 Agradecemos de antemán a colaboración e comprensión da veciñanza para que poidamos gozar dunha xornada segura, chea de cor e alegría nas rúas de Vilalba.
#alcaldia #infanciaexuventude #aviso #entroido #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies