Noticias e alertas

👮‍♀️ A pasada semana, os axentes da Policía Local recibiron unha formación sobre o funcionamento do programa Appolo, un...

17/02/2026

👮‍♀️ A pasada semana, os axentes da Policía Local recibiron unha formación sobre o funcionamento do programa Appolo, unha ferramenta tecnolóxica para facilitar e modernizar o seu traballo diario.
✅ A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández achegáronse para coñecer de primeira man un sistema que sitúa a Vilalba entre os 40 concellos galegos integrados no denominado cordón de seguridade policial.
➡️ Appolo mellora a coordinación entre administracións e corpos de seguridade; permitindo integrar cámaras de tráfico, sistemas de videovixilancia e controis de acceso, ademais de optimizar a xestión interna do servizo e a atención ás emerxencias procedentes do 112.
🤝🏼 Un paso máis na aposta pola formación continua e pola mellora dos servizos públicos.
#alcaldia #policialocal #seguridade #formacion #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies