✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
⚒️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos derivados polos efectos do temporal: retirada de árbores e polas en viais de comunicación; reposicións varias por desperfectos na cuberta do pavillón de deportes, e accións varias na rede eléctrica municipal.
👉Arranxos no CEIP Mato Vizoso e actuacións para desatascar arquetas de pluviais.
👉 Recolocación e reposición de sinais.
👉Continuación cos traballos de poda na área da Madalena e da vexetación invasora en beirarrúas.
👉 Colocación de bolardos.
👉 Tarefas para a mellora da drenaxe no campo de fútbol de herba artificial da Madalena.
👉 Sinalizacións de perigosidade en distintas localizacións
👉 Traballos de reposición de luminarias e de elementos necesarios na rede eléctrica municipal.
👉 Actuacións varias de seguimento das incidencias comunicadas pola Línea Verde.
Grazas!