🎶 Este domingo, 8 de marzo, a música tamén será protagonista na programación do 8M en Vilalba.
🕧 Ás 12:30 horas, a Praza de Santa María acollerá a actuación do dueto Muller, formado por Noelia Geada e David Taboada: un espectáculo de voz e piano creado por e para a muller, que rende homenaxe á voz feminina na música cunha proposta íntima, emotiva e chea de sensibilidade.
⚠️ Informamos tamén de que, por causas alleas ao Concello, se modifican os horarios dalgunhas actividades da mañá:
🟣 11:00 – Obradoiro de creación de chapas feministas e pintacaras
🟣 11:45 – Contacontos “Contos en lila”, con Cris de Caldas
🟣 12:30 – Concerto do dueto Muller
💜 Unha mañá chea de actividades para todas as idades para celebrar o 8M, Día Internacional das Mulleres, porque a igualdade é cousa de todas, cousa de todos.
#alcaldia #igualdade #concerto #8m #concellodevilalba