Noticias e alertas

🤝🏼 A alcaldesa Marta Rouco recibiu hoxe na Casa do Concello á presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, na súa...

05/03/2026

🤝🏼 A alcaldesa Marta Rouco recibiu hoxe na Casa do Concello á presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, na súa primeira visita oficial ao noso concello.
✍🏼 A xornada comezou coa recepción institucional e a sinatura no Libro de Honor do Concello, antes de presentar o proxecto de humanización e creación dun novo parque infantil no campo da feira.
✅ Durante a visita tamén percorreron diferentes actuacións financiadas pola Deputación nos últimos meses no municipio: a renovación do parque Rosalía de Castro, a rúa Benxamín Paz, a aula Agustín Fernández Paz e a nova sala de estudo da biblioteca municipal —na que a Deputación financiará o mobiliario—, así como a estrada LU-P-6513, que conecta o casco urbano co acceso á A-8 e a recentemente renovada rúa do Rego.
📌 Unha visita que pon en valor a colaboración institucional e o compromiso de seguir impulsando investimentos e melloras.
#alcaldia #deputaciondelugo #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies