🏗️ Vilalba segue avanzando na mellora dos seus espazos públicos.
A alcaldesa, Marta Rouco, presentou onte, xunto á presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o concelleiro Luis Fernández, o proxecto de creación dun novo parque infantil no campo da feira.
🌿 Unha actuación que transformará esta zona nun espazo de lecer máis agradable e seguro para as familias, cun novo parque infantil, zonas verdes con vexetación, bancos perimetrais, iluminación LED, fontes e novos elementos de xogo.
🎨 Ademais, incorporarase cor e xogos no pavimento para crear un espazo dinámico pensado para nenos e nenas de distintas idades, complementando a pista multideporte xa existente.
💶 O proxecto supón un investimento de máis de 180.000 euros, financiado a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2026, coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Vilalba.
#alcaldia #infraestruturasurbanas #parque #campodafeira #concellodevilalba