✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos varios de mantemento e pintura no CEIP Ínsua Beermúdez.
👉 Arranxo e colocación das porterías do campo de herba artificial.
👉 Traballos de mantemento e arranxos varios nos galpóns do recinto feiral.
👉 Tarefas de xardinaría nas zonas verdes.
👉 Recolocación de sinais en distintas localizacións.
👉 Limpeza e reparación de arquetas e canalizacións de augas pluviais na zona urbana.
👉 Rebacheos en varias rúas.
👉 Limpeza de sumidoiros para escorrentías no paseo fluvial.
👉 Traslado do punto limpo móbil á parroquia de Lanzós.
👉 Traballos varios nas instalacións eléctricas municipais.
👉 Seguimento puntual das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!