Noticias e alertas

‼️🤖A #ExperienciaINCIBE chega a #Vilalba. Así o anuncaron a edil de turismo M. Xosé Fernández e o Vicealcalde Modesto R...

11/04/2026

‼️🤖A #ExperienciaINCIBE chega a #Vilalba. Así o anuncaron a edil de turismo M. Xosé Fernández e o Vicealcalde Modesto Renda 👇
🟢 Organizada polo Goberno do Estado en estreita colaboración co Concello de Vilalba, a experiencia busca, a través de diferentes actividades, que as e os veciños de Vilalba, descubran como protexer o seu 'eu dixital' e vivir unha experiencia cibersegura na que calquera persoa poida desenvolverse con confianza.
📋 As actividades configuraránse de xeito modular con tres zonas claramente diferenciables e que en conxunto formarán unha experiencia completa de concienciación en ciberseguridade 👇
1️⃣ Zona informativa:Os asistentes poderán atopar toda a información que requiran sobre diferentes actividades da caseta e darase a coñecer a INCIBE (misión, servizos, canles).
2️⃣ Zona demostrativa e de capacitación: Faranse demostracións, recibirán pequenas charlas informativas e realizarán diferentes dinámicas de xogo nas que aprenderán á vez que se divirten.
3️⃣ Zona de gamificación:Poñerán en práctica todo o aprendido a través de minis competicións virtuais e xogos en liña.
🤗 A experiencia, está dirixida ó público obxectivo de infancia, mocidade, familias e tamén empresas e a experiencia comeza coa chegada dos usuarios á zona informativa, onde se informará ós usuarios sobre as diferentes experiencias da caseta e nela repartirase material corporativo e reprografía.
📅 Participa na experiencia o sábado 17 das 09h ás 14h e das 16:30 ás 19:30h e o domingo 18 das 09h ás 17h.
#ConcelleríaDeTurismo #Vicealcaldía #Vilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies