🚴♂️ Vilalba prepárase para vivir un gran evento deportivo de primeiro nivel!
📍 Este mércores 15 de abril, a nosa vila será punto de saída da segunda etapa de O Gran Camiño 2026, a volta ciclista profesional a Galicia.
🙌 Para facer posible este evento e garantir a seguridade dos ciclistas e do público, será necesario realizar varios cortes de tráfico:
⛔ Dende as 08:00 horas:
• Campo da Feira e aparcadoiro subterráneo → pechados ao tráfico. Non estará permitido o estacionamento de vehículos.
• Avenida da Terra Chá (entre Rúa de Galicia e Rúa Benxamín Paz) e rúa Xosé María Chao Ledo → pechadas ao tráfico. Non estará permitido o estacionamento de vehículos.
⛔ Dende as 09:00 horas:
• Rúa da Pravia e rúa Basanta Silva → pechadas ao tráfico.
• Na rúa da Pravia non estará permitido estacionar.
🚗 Rógase restrinxir, na medida do posible, a saída e acceso a garaxes privados durante este período.
🔓 O tráfico reabrirase unha vez os ciclistas abandonen o casco urbano, aproximadamente ás 11:45 horas.
❤️ Grazas pola vosa colaboración para facer de Vilalba un gran escenario deportivo e desfrutar dun evento único na nosa vila!