Noticias e alertas

⚖️ O Concello abre un novo procedemento para a concesión do bar da área recreativa da Madalena. 📌 Trátase dunha medida...

14/04/2026

⚖️ O Concello abre un novo procedemento para a concesión do bar da área recreativa da Madalena.
📌 Trátase dunha medida necesaria para regularizar unha situación herdada de anteriores gobernos, na que a explotación se viña realizando ao amparo dun acordo do ano 2011 xa amplamente vencido.
🏛️ Con este proceso, garántese a libre concorrencia e que calquera persoa interesada poida optar á concesión en igualdade de condicións, con transparencia e todas as garantías.
📅 A concesión será por 5 anos, prorrogables, cun canon mínimo mensual, e as ofertas deberán presentarse de forma electrónica nun prazo de 20 días.
🔧 Inclúe tamén melloras nas instalacións e un período de carencia no pagamento do canon.
🍃 O obxectivo é ofrecer un servizo de calidade que dinamice a Madalena e mellore este espazo para toda a veciñanza.
🔗 Consulta toda a información e presenta a túa oferta aquí: https://www.vilalba.gal/contratacion/ (pulsa en Plataforma de Contratación do Sector Público e logo selecciona "Licitacións").
#alcaldia #arearecreativa #concesion #bardapraia #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies