Noticias y alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa...

16/04/2026

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Colocación de cartelería nas parroquias sobre o novo servizo ‘porta a porta’ de recollida de plásticos agrícolas e para evitar vertedoiros incontrolados de lixo.
👉 Desbroces varios: avda. de Cospeito, accesos á Madalena, rúa da Revolta, aparcadoiro da zona do centro de saúde, etc.
👉 Limpeza de canaletas de pluviais en Porta de Cima e CEIP Monseivane.
👉 Acondicionamento da contorna do CEIP Monseivane.
👉 Limpeza dos alcorques das rúas de Galicia e Porta de Cima.
👉 Reparación e limpeza de arquetas en varias localizacións urbanas, tamén no polígono industrial das Sete Pontes.
👉 Traballos de albanelería na fachada e interior da Casa da Cultura.
👉 Reparación de avaría na canalización da auga no campo de fútbol da Madalena.
👉 Preparativos para a proba ciclista do Gran Camiño.
👉 Traballos varios de acondicionamento interior do muíño do Rañego.
👉 Rexeneración con zahorra dun tramo do paseo fluvial.
👉 Reposición e arranxo de sinais en varias localizacións.
👉 Traballos varios de xardinaría: Quart de Poblet, O Santo, Área recreativa da Madalena, parque Rosalía de Castro, zona da Ventoeira, campo de rugbi, etc.
👉 Traballos derivados da celebración da proba BTT e da Festa do Queixo San Simón da Costa.
👉 Traslado do punto limpo móbil á parroquia de Goiriz.
👉 Colocación dun bancal para xogos de superficie no espazo exterior da escola infantil.
👉 Arranxos, reposición de luminarias e outras tarefas na rede eléctrica municipal.
👉 Continuación e seguimento das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies