Noticias y alertas

🏗️ Vilalba dá un paso moi importante para o presente e o futuro da nosa vila. O proxecto para a construción dunha nova...

16/04/2026

🏗️ Vilalba dá un paso moi importante para o presente e o futuro da nosa vila.
O proxecto para a construción dunha nova residencia e centro de día no antigo Hotel Villamartín supón moito máis ca unha infraestrutura: é unha resposta a unha necesidade real e unha demanda histórica da nosa veciñanza.
🤝🏼 O Concello leva dende 2022-2023 traballando para facer posible este proxecto, facilitando os trámites e colaborando co promotor para que hoxe sexa unha realidade.
Falamos de coidados, de proximidade e de permitir que as persoas maiores poidan ser atendidas en Vilalba, preto das súas familias e do seu entorno.
⚠️ Un avance necesario ante a falta de iniciativa da Xunta de Galicia, á que seguiremos esixindo prazas concertadas para garantir o acceso a este servizo.
💙 Un proxecto que xera emprego, recupera un espazo emblemático e mellora a calidade de vida da nosa veciñanza.
#alcaldia #servizossociais #residencia #centrodedia #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies