Noticias e alertas

📚✨ Máis actividades para celebrar o Día do Libro na Biblioteca Municipal! Os días 22 e 23 de abril, durante todo o hora...

17/04/2026

📚✨ Máis actividades para celebrar o Día do Libro na Biblioteca Municipal!
Os días 22 e 23 de abril, durante todo o horario de apertura da Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz, organizamos unha actividade aberta de troco e doazón de libros.
📖 Podes achegarte, escoller e levar os libros que máis che gusten…e, se queres, tamén traer algún exemplar que teñas na casa para compartilo con outros lectores e lectoras.
👉 Que materiais podes traer? Novelas, libros infantís e divulgativos en bo estado e actualizados. E só por traelo 🎁 recibirás un pequeno detalle como agradecemento.
🙏 Agradecemos enormemente as doazóns, pero para facilitar a organización, non recolleremos: libros de texto, enciclopedias ou obras de referencia xeral, materiais en mal estado, revistas ou folletos, soportes obsoletos.
📚 Os libros poderán pasar a formar parte do fondo da biblioteca ou destinarse a outras institucións.
#alcaldia #concelleriaeducacion #biblioteca #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies