🛠️ Nos vindeiros días levaranse a cabo os traballos de renovación do firme na rúa Benxamín Paz, unha actuación necesaria pero complexa que inclúe o fresado do pavimento actual, a aplicación de novo aglomerado e a instalación de pasos elevados.
⚠️ Para poder executar estes traballos con garantías, será necesario realizar cortes de tráfico nas seguintes xornadas:
➡️ O luns 20 e o martes 21 de abril, rúa Benxamín Paz e rúa Ribadeo (ata a intersección coa rúa da Emigración) pechadas ao tráfico e sen estacionamento.
➡️ O xoves 23 e o venres 24 de abril, manteranse os cortes nestas mesmas rúas durante a aplicación do aglomerado.
👉 Ademais, o luns entre as 14:00 e as 18:00 horas a rúa Guitiriz estará aberta pero non terá saída, polo que se recomenda non circular pola mesma na franxa horaria indicada.
🙏 Agradecemos a comprensión e colaboración da veciñanza.