📋 Hoxe celebramos a xunta de seguridade previa ao @fivdevilalba, na que participaron a alcaldesa, Marta Rouco, a concelleira de Cultura, Mónica González, o concelleiro de Servizos Municipais, Eduardo Vidal e a subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López.
👮🏽 Xunto ás forzas e corpos de seguridade e representantes da promotora.
🤝🏼 Este tipo de reunións permiten coordinar todos os dispositivos necesarios para garantir o correcto desenvolvemento do evento.
🚨 Seguridade, organización e planificación son claves para que un evento destas dimensións se celebre con todas as garantías, tanto para as persoas asistentes como para a veciñanza.
✅ Traballo conxunto para que Vilalba siga acollendo grandes eventos con responsabilidade e seguridade.
#alcaldia #cultura #xuntaseguridade #FIV #concellodevilalba