✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos varios de xardinaría: rúa Agustín Fernández Paz, Emigración, contorna do auditorio, rúa Guadalupe, San Roque, Alto da Forca, Basanta Silva, etc.
👉 Labores de rebacheo na rúa Castelao e Alto da Forca.
👉 Colaboración para a delimitación da zona de saída da proba ciclista O Gran Camiño.
👉 Retirada de árbores e polas de viais e camiños.
👉 Desbroce de camiños veciñais.
👉 Reparación e recolocación de sinais.
👉 Retirada de paneis informativos.
👉 Arranxos e reposición de arquetas e bolardos.
👉 Traballos varios de fontanería.
👉 Pintado en diversas localizacións do CEIP Terra Chá de Román.
👉 Reposición de luminarias e arranxos varios na rede de alumeado municipal.
👉 Atención permanente ás incidencias comunicadas a través da App Línea Verde.
Grazas!