🎙️ A alcaldesa, Marta Rouco, valorou hoxe no seu espazo semanal en Radio Principal Vilalba – Cadena Ser o proxecto da nova residencia e centro de día.
🏥 Un paso importante para avanzar na atención ás persoas maiores en Vilalba. Un proxecto que implica coidados na contorna máis próxima, creación de emprego e rehabilitación dunha infraestrutura que forma parte da historia colectiva dos vilalbeses e vilalbesas.
⚠️ Sen renunciar a unha reivindicación clara: Vilalba merece contar cos recursos públicos que lle corresponden, e nesa liña o goberno local seguirá instando á Xunta de Galicia, quen ten a competencia neste ámbito, a que a residencia e o centro de día públicos sexan unha realidade na nosa vila.
▶️ Escoita a valoración completa neste audio.
#alcaldia #servizossociais #centrodedia #residenciamaiores #concellodevilalba