Noticias y alertas

🚧 Última fase das obras na rúa Benxamín Paz. 🗓️ Mañá xoves 23 e o venres 24 de abril levaranse a cabo os traballos fin...

22/04/2026

🚧 Última fase das obras na rúa Benxamín Paz.
🗓️ Mañá xoves 23 e o venres 24 de abril levaranse a cabo os traballos finais de rexeneración integral da rúa, coa aplicación de aglomerado en quente e a colocación dos pasos elevados.
⚠️ Isto obrigará ao peche ao tráfico rodado e á prohibición de estacionamento na rúa Benxamín Paz e na rúa de Ribadeo (ata a intersección coa rúa da Emigración) durante ambas xornadas.
🚗 Debido ás características destes traballos, non será posible a reapertura inmediata do tráfico, polo que se recomenda aos veciños e veciñas que precisen utilizar os seus vehículos que os retiren previamente dos garaxes.
🔁 Na rúa Guitiriz os cortes serán puntuais e en franxas horarias concretas, aínda que tamén se recomenda prever o uso dos vehículos.
🙏 Pedimos desculpas polas molestias que estas actuacións poidan ocasionar, necesarias para rematar a mellora integral da rúa.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies