Noticias e alertas

📌 A Estación de Autobuses de Vilalba, propiedade da Xunta de Galicia, está nun estado de abandono que a alcaldesa, Mart...

23/04/2026

📌 A Estación de Autobuses de Vilalba, propiedade da Xunta de Galicia, está nun estado de abandono que a alcaldesa, Marta Rouco, vén denunciando desde xaneiro de 2024, solicitando sen éxito unha intervención por parte do goberno galego.
✍️ Onte mesmo, Marta Rouco remitiulle unha nova carta á directora xeral de Mobilidade da Xunta, Judit Fontela, na que fai repaso do acontecido desde xaneiro de 2024 e lle reitera a solicitude dunha nova reunión, “de xeito presencial preferiblemente e á maior brevidade posible, pola urxente necesidade de actuar sobre a infraestrutura”.
❗️O Consello da Xunta de Galicia aprobou o 13 de abril un Plan estratéxico de eficiencia enerxética en 19 estacións de autobuses da Xunta de Galicia, co obxetivo de actuar en 19 estacións de autobuses de Galicia.
“Sen ter ningunha dúbida das necesidades das infraestruturas referidas, a Estación de Autobuses de Vilalba podería ter sido incluída no dito proxecto, dadas as actuacións que este contempla e que, alomenos, algunhas delas serían adecuadas á nosa infraestrutura”, engade Marta Rouco.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies