💙 A Concelleira de #PromociónDaLingua M. Xosé Fernández presentou acompañada do Vicealcalde Modesto Renda e a Concelleira de Cultura, Monica Gonzalez, unha nova proposta #cultural para este sábado ás 19h.
📋 Trátase da peza Begoña Caamaño o transgredir dás ondas. Unha proposta teatral a redor da autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2026, con texto de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e está interpretada por Rocío González, da compañía Berrobambán.
🎭 A actriz dá vida a unha xornalista que recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e que decide realizar a gravación dun pódcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora. A partir da relación entre as anotacións no diario e os diferentes momentos da vida profesional de Caamaño, vaise reconstruíndo ante o público a traxectoria dunha creadora excepcional, implicada co feminismo e cos diversos movementos sociais en que participou.
Con todo, durante a gravación deste pódcast aparecerán diversos problemas técnicos que transformarán as ideas iniciais da xornalista e influirán de forma decisiva no seu relato, coma se o propio espírito de Begoña quixese puntualizar algunhas das pasaxes narradas e, do mesmo xeito que as protagonistas das súas novelas, ser dona da súa propia historia.
📅 Sábado 2 de maio.
⏰️ Ás 19:00h.
🏛 Auditorio Municipal.
🎟 Entradas de balde.
#MáisCultura #Vicealcaldía #Vilalba