✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos varios de xardinaría na rúa de Galicia, rúa do Estudante, área recreativa da Madalena, Alameda, praza da Constitución, etc.
👉 Desbroce nas instalacións do depósito do gas no CEIP Terra Chá.
👉 Limpeza de alcorques na avda. Terra Chá.
👉 Traballos de poda para visibilizar as sinais informativas.
👉 Recolocación de bolardos, espellos, sinais e outros elementos ornamentais en distintas localizacións.
👉 Limpeza de arquetas e canalización de pluviais.
👉 Rebacheo na pista do Picouto (Lanzós)
👉 Limpeza e lavado na zona de xogos da Madalena.
👉 Traballos de limpeza de cunetas na contorna da charca do Alligal (Codesido).
👉 Colaboración nas tarefas e preparativos do FIV.
👉 Pintado de vados en distintas rúas.
👉 Traballos varios de reposición de luminarias e outros labores na rede eléctrica municipal.
👉 Seguimento de incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!