Noticias e alertas

📚 A Biblioteca Municipal acolleu durante o mes de abril diferentes actividades enmarcadas no Polavila DoCampo, unha hom...

30/04/2026

📚 A Biblioteca Municipal acolleu durante o mes de abril diferentes actividades enmarcadas no Polavila DoCampo, unha homenaxe pública e itinerante a Xabier P. DoCampo.
✨ Unha proposta que encheu a biblioteca de palabra e memoria, coa representación de contos como “Fornadas”, incluído en “Cando petan na porta pola noite”, e “Nube de neve”.
👏 Queremos facer un agradecemento especial ás alumnas da Escola Municipal de Teatro, polo seu traballo e implicación na coordinación destas actividades xunto coa Biblioteca Municipal.
🤝 Grazas tamén ás entidades que nos acompañaron: alumnado do IES Basanta Silva, Centro de Día de Cospeito, Centro de Día de Abadín e o CEIP Monseivane.
❤️ Unha iniciativa que nos permitiu achegarnos á figura de Xabier P. DoCampo desde a educación e a participación.
#alcaldia #educacion #biblioteca #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies