Noticias e alertas

🔜 A Compañía de Alabarderos da @gr_guardiareal estará en Vilalba a primeira semana de maio. ℹ️ A Garda Real desenvolver...

01/05/2026

🔜 A Compañía de Alabarderos da @gr_guardiareal estará en Vilalba a primeira semana de maio.
ℹ️ A Garda Real desenvolverá na provincia de Lugo o exercicio “Lugo 2026”, unha actividade incluída na súa programación anual que combina adestramento, accións institucionais e actividades abertas á cidadanía.
📍 Dentro desta programación, a Garda Real amosou o seu interese en incluír Vilalba como un dos escenarios das súas actividades, e desde a Alcaldía facilitáronse as condicións necesarias para que poidan levarse a cabo.
➡️ O mércores 6 de maio haberá actividades nos centros educativos e tamén unha exhibición aberta ao público na Praza da Constitución de 17:00 a 19:00, con cabalos, cans, motos, material e unha pista infantil.
➡️ O sábado 9 de maio celebrarase unha carreira de orientación polo municipio, aberta a todas as persoas que queiran participar e sen necesidade de inscrición previa.
🤝🏼 Unha oportunidade para achegarse e coñecer de preto o traballo da Garda Real, nunha proposta que combina divulgación e participación.
#alcaldia #gardareal #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies