Noticias y alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa...

06/05/2026

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Recollida de diverso material do FIV.
👉 Traballos de desbroce en taúdes, viais e outros espazos no polígono das Sete Pontes, camiños de servizo, e accesos á capela de Samarugo.
👉 Colocación de carteis informativos nos puntos de recollida de plásticos agrícolas.
👉 Preparativos e colocación de expositores para a celebración da feira de artesanía.
👉 Traslado de elementos varios e figuras en dependencias municipais.
👉 Segado de herba en áreas recreativas.
👉 Montaxe de elementos de xogo na escola infantil da Galiña Azul.
👉 Limpeza e arranxos varios en arquetas de pluviais.
👉 Traballos de xardinaría na Galiña Azul, rúa da Emigración, as Fontiñas, a Madalena, rúa dos Emigrantes, contorna do Auditorio, etc.
👉 Limpeza de alcorques en beirarrúas.
👉 Revisión da zona de xogos do CEIP Terra Chá de Román.
👉 Traballos varios de reposición de luminarias e arranxos na rede eléctrica municipal.
👉 Seguimento das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies