Noticias y alertas

🔴 Vilalba ilumínase de vermello polo Día Mundial da Cruz Roja e da Media Lúa Roja. ℹ️ O Concello iluminou de vermello d...

08/05/2026

🔴 Vilalba ilumínase de vermello polo Día Mundial da Cruz Roja e da Media Lúa Roja.
ℹ️ O Concello iluminou de vermello distintos elementos dos espazos públicos da vila con motivo da conmemoración do Día Mundial da Cruz Roja e da Media Lúa Roja, que se celebra hoxe, 8 de maio.
🤝🏼 Un xesto simbólico para recoñecer e agradecer o labor fundamental que desenvolve esta entidade, especialmente a través da asamblea comarcal de Cruz Roja Vilalba, sempre presente ao lado das persoas que máis o precisan.
✅ A alcaldesa, Marta Rouco, destacou “o compromiso, a entrega e o enorme traballo humano que Cruz Roja realiza cada día no noso municipio”, subliñando ademais que “falamos dunha entidade imprescindible para moitas familias e persoas maiores, cun papel fundamental tamén en situacións de emerxencia, acompañamento e apoio social”.
#alcaldia #cruzroja #vermello #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies