🧭 Xornada de deporte e orientación da @gr_guardiareal na nosa vila!
🏃🏽 Hoxe celebramos en Vilalba a carreira de orientación organizada pola Compañía de Alabarderos do Grupo de Escoltas da Garda Real, unha actividade que percorreu diferentes puntos do noso casco urbano.
🤝🏼 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Deportes, Paula Vigo, achegáronse ata a rúa das Pedreiras, punto de saída da proba.
🎁 Ademais, a Garda Real fixo entrega dun agasallo institucional ao Concello de Vilalba como recordo da súa estadía no municipio dentro do exercicio Lugo 2026.
🔜 Mañá remata a presenza da Compañía de Alabarderos en Vilalba, pechando unhas xornadas que achegaron á veciñanza distintas actividades divulgativas, deportivas e abertas ao público.
#alcaldia #deportes #guardiareal #alabarderos #concellodevilalba