🟣 Vilalba ilumínase de morado polo Día Mundial da Fibromialxia e do Síndrome de Fatiga Crónica.
ℹ️ O Concello iluminou a pasada noite os espazos públicos da vila para sumarse á conmemoración do Día Mundial da Fibromialxia e do Síndrome de Fatiga Crónica, unha iniciativa impulsada por Fibro Visibles, a asociación autonómica de fibromialxia e outras enfermidades invisibles.
🤝🏼 Con este xesto simbólico, o Concello quere contribuír a dar visibilidade a estas doenzas e amosar o seu apoio a todas as persoas e familias que conviven con elas no seu día a día.
🗣️ A alcaldesa, Marta Rouco, destacou “a importancia de seguir visibilizando enfermidades que moitas veces non se ven, pero que condicionan profundamente a vida de moitas persoas. É fundamental avanzar na sensibilización social, na investigación e nunha atención sanitaria cada vez máis adecuada para quen padece este tipo de doenzas”.
💜 Un pequeno xesto para seguir dando visibilidade a unha realidade que afecta a moitas persoas.
#alcaldia #iluminación #morado #fibromialgia #concellodevilalba