Noticias y alertas

✅ O Vicealcalde, Modesto Renda, vén de anunciar que o noso Proxecto de Centro de Transformación do #Mel en San Simón foi...

12/05/2026

✅ O Vicealcalde, Modesto Renda, vén de anunciar que o noso Proxecto de Centro de Transformación do #Mel en San Simón foi un dos mellor valorados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural‼️
📋👏 Así o Concello de Vilalba recibirá íntegros os 38.700 euros solicitados que nos premitirán poñer en marcha no noso rural un moderno centro 100% público de procesamento, pioneiro na provincia de Lugo.
🚧 Un ambicioso plan centrado na #rehabilitación da "Escola da Pedragosa" que nuns meses será xa unha realidade e fará posible que os produtores e as produtoras locais poidan procesar de xeito totalmente gratuíto e sen necesidade de inversión.
✅️Esta nova infraestutura contará con maquinaria de última xeración e o obxectivo da Vicealcaldía é que contribúa a complementar as economías familiares, ao tempo que xere oportunidades de desenvolvemento e emprego no noso rural.
#InfraestruturasRurais #Vicealcaldía #Vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies