✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
🛠️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Traballos de xardinaría na praza do Coronel Pena, rúa da Pravia, parque Rosalía de Castro e área recreativa da Madalena.
👉 Desbroces de campos da festa en Tardade, San Simón e Santa Comba (Goiriz).
👉 Desbroce das zonas verdes dos colexios Monseivane, Ínsua Bermúdez e escola infantil.
👉 Recolocación e arranxo de bolardos danados, sinais e outros elementos nos parques infantís.
👉 Traballos varios de fontanería.
👉 Reposición de baldosas en disitintas beirarrúas.
👉 Limpeza de alcorques e acondicionamento da contorna da fonte da Picha.
👉 Recollida dos expositores da feira de artesanía.
👉 Traballos varios de reposición de luminarias e outras actuacións na rede eléctrica municipal.
👉 Pintado de estancias en dependencias municipais.
👉 Continuación e seguimento das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!