Noticias e alertas

🌿 O Concello publica as bases para a selección dun técnico/a de Medio Ambiente. 📌 A convocatoria permitirá cubrir unha...

13/05/2026

🌿 O Concello publica as bases para a selección dun técnico/a de Medio Ambiente.
📌 A convocatoria permitirá cubrir unha vacante municipal vinculada á xestión ambiental, planificación sostible, control técnico de actividades e seguimento de expedientes relacionados co medio ambiente.
🎓 Poderán presentarse persoas con titulacións universitarias vinculadas ao ámbito ambiental, científico ou técnico; o sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre.
📅 O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados desde o 14 de maio e deberán presentarse a través do Rexistro Xeral Electrónico do Concello.
🗣️ A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que esta convocatoria permitirá “seguir reforzando a estrutura técnica municipal e mellorar a capacidade de xestión do Concello nun ámbito cada vez máis importante como é o medio ambiente”.
#alcaldia #medioambiente #emprego #oposición #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies