Noticias y alertas

🛍️ A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Feiras e Mercados, Paula Vigo, presentaron hoxe unha nova edición de Vi...

14/05/2026

🛍️ A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Feiras e Mercados, Paula Vigo, presentaron hoxe unha nova edición de Vintalba, o mercado de segunda man de Vilalba.
📍 A cuarta edición celebrarase o domingo 7 de xuño na Praza de Santa María, en horario de 10:00 a 15:00 horas.
👏🏼 Tras a gran acollida das tres edicións anteriores, tanto por parte das persoas participantes como do público, Vintalba regresa como unha das propostas xa consolidadas dentro da programación dos domingos de feira.
👕📚👟 Poderán participar persoas particulares maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro cun mínimo de 25 produtos de segunda man para vender: roupa, calzado, libros, complementos, mobles, electrodomésticos e moito máis.
📩 Para participar é necesario cubrir o formulario incluído nas bases e envialo a: feiras@vilalba.es
📅 O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 1 de xuño.
#alcaldia #feirasemercados #vintalba #segundaman #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies