Noticias e alertas

🎼 Vilalba converterase os próximos 23 e 24 de maio nun punto de encontro para a música coa celebración da IX Mostra Mus...

14/05/2026

🎼 Vilalba converterase os próximos 23 e 24 de maio nun punto de encontro para a música coa celebración da IX Mostra Musical do @eixo_atlantico.
🎺 Un encontro cultural que reunirá na nosa vila a mozos e mozas intérpretes de música clásica e jazz procedentes de Galicia e do Norte de Portugal, convertendo Vilalba nun espazo de intercambio, talento e convivencia arredor da música.
🎶 A Mostra Musical traerá tamén consigo diferentes actividades abertas ao público e momentos especiais como a gala de clausura e entrega de premios na que tamén se fará homenaxe ao músico portugués António Saiote.
🏛️ Durante esa fin de semana, arredor de 300 persoas estarán en Vilalba participando nun evento que volverá situar a nosa vila como referencia cultural e musical.
📅 A vindeira semana daremos a coñecer toda a programación e os detalles desta novena edición.
#alcaldia #mostramusical #eixoatlantico #dinamización #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies