Noticias e alertas

🚛 Vilalba continúa avanzando na modernización do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos coa incorporación do...

15/05/2026

🚛 Vilalba continúa avanzando na modernización do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos coa incorporación do conxunto completo da nova maquinaria incluída no novo contrato do lixo.
ℹ️ A inversión total realizada supera os 2,1 millóns de euros, permitindo renovar integralmente os medios materiais destinados tanto á recollida de residuos como á limpeza viaria.
📌 A nova flota incorpora:
▪️ 2 recolectores compactadores de carga lateral, que se suman aos de carga traseira.
▪️ Vehículos de caixa aberta para voluminosos e traballos de brigada.
▪️ 1 camión cisterna baldeadora para limpeza intensiva.
▪️ Vehículos auxiliares con hidrolimpadores.
▪️ Vehículos auxiliares eléctricos máis sostibles e silenciosos.
♻️ Unha maquinaria moderna, máis eficiente e adaptada ás necesidades actuais de Vilalba, que permitirá mellorar a limpeza, reforzar a capacidade operativa do servizo e reducir o impacto ambiental.
🟫 Ao mesmo tempo, continúan nas parroquias os traballos de execución de bases de formigón e instalación de suxeita-contenedores, mellorando a seguridade viaria e a operatividade da recollida no rural.
📌 Seguimos traballando para contar cun servizo máis eficaz, sostible e pensado para mellorar o día a día dos veciños e veciñas.
#alcaldia #lixo #recollidaresiduos #limpezaviaria #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies