💙 O Concello ilumina en cor azul os espazos públicos para conmemorar o Día da Enfermidade Celíaca.
🤝🏼 Un xesto simbólico co que nos sumamos á iniciativa impulsada pola Asociación de Celíacos de Galicia para dar visibilidade ás persoas que conviven con esta enfermidade e seguir avanzando cara unha sociedade máis inclusiva e sensibilizada.
🗣️ A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que “é importante contribuír a visibilizar realidades que forman parte do día a día de moitas persoas e familias, promovendo tamén a sensibilización e a inclusión social”.
✔️ Rouco sinalou ademais que “desde o Concello queremos trasladar o noso apoio a todas as persoas celíacas e ás entidades que traballan cada día para mellorar a súa calidade de vida e reivindicar unha maior conciencia social arredor desta enfermidade”.
#alcaldia #16maio #díadaenfermidadecelíaca #celíacosgalicia #concellodevilalba