Noticias e alertas

🚗 O Concello porá en marcha este luns as novas prazas “bica e arrinca” na zona escolar da rúa Cuart de Poblet. 📍 Habil...

16/05/2026

🚗 O Concello porá en marcha este luns as novas prazas “bica e arrinca” na zona escolar da rúa Cuart de Poblet.
📍 Habilitáronse un total de 8 prazas de estacionamento fronte aos colexios de educación infantil e primaria do casco urbano para facilitar a entrada aos centros educativos e contribuír a desconxestionar o tráfico na zona.
⏱️ Como funcionarán?
De luns a venres, entre as 9:00 e as 9:45 horas, o estacionamento estará limitado a un máximo de 2 minutos e será obrigatorio permanecer no vehículo.
👋🏼 A idea é realizar unha pequena parada para deixar aos nenos e nenas no colexio e continuar o traxecto, permitindo unha maior rotación dos vehículos e unha circulación máis fluída.
🅿️ Fóra desa franxa horaria, as prazas poderán empregarse con normalidade como estacionamento público.
👮🏼 Durante os primeiros días, a Policía Local estará na zona informando ás familias e facilitando a adaptación ao novo sistema.
#alcaldia #infraestruturasurbanas #bicaearrinca #colexios #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies