Noticias e alertas

🚜 O Concello continúa avanzando na rexeneración de pistas municipais do rural grazas aos dous equipos do parque móbil d...

18/05/2026

🚜 O Concello continúa avanzando na rexeneración de pistas municipais do rural grazas aos dous equipos do parque móbil da @depulugo cos que o municipio conta por terceiro ano consecutivo a través do acordo logrado dende a Alcaldía.
📍 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández estiveron esta mañá no barrio de Moreda, na parroquia de Lanzós, onde o equipo de riego está actuando na mellora integral dunha pista municipal que presentaba un notable deterioro e que dá servizo a varias vivendas.
👷🏼 Ademais, tamén visitaron os traballos que se están levando a cabo nos barrios de Pude e Ribeira, en San Simón da Costa, onde o segundo equipo está realizando a apertura e limpeza de cunetas como actuación previa á rexeneración do firme destes viais.
🤝🏼 Grazas á colaboración entre o Concello e a Deputación de Lugo foi posible actuar xa en máis de 35 quilómetros de pistas municipais en diferentes parroquias do rural vilalbés durante os dous últimos anos.
📌 Seguimos traballando para mellorar progresivamente a rede viaria municipal e dar resposta ás necesidades dos veciños e veciñas das nosas parroquias.
#alcaldía #parroquias #rural #deputacióndelugo #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies